Os montes do Xalo, o gran pulmón verde da comarca, esténdense polos municipios de Culleredo, Carral, Cerceda e A Laracha. Ofrécennos marabillosas vistas de gran parte do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e unha gran diversidade de flora e fauna na que as aves forestais teñen un gran protagonismo.
É un lugar único desde o punto de vista ecolóxico e antropolóxico no que poderemos practicar sendeirismo seguindo algunha dos roteiros que o atravesan, facer deporte de aventura e escalada no Petón, observar a enorme riqueza e variedade da súa flora e fauna ou simplemente deixarnos sorprender por unhas amplísimas vistas do Golfo Ártabro que se dominan desde o seu cume.
Monumentos megalíticos e caprichosas formas xeolóxicas contribuíron a crear múltiples lendas que converten ao Xalo nun referente na mitoloxía local e comarcal.
No seu cume, a máis de 500 metros de altitude, nacen os ríos Valiñas e Barcés, e unha multiplicidade de pequenos afluentes destes, que drenan todo o territorio municipal.
Que ver en Culleredo