Igrexa parroquial de Vilaboa

A Igrexa parroquial de Vilaboa é un dos monumentos de arquitectura relixiosa máis recentes do concello. Construida nos anos 60, o máis salientábel non é a súa arquitectura, senón o seu patrimonio pictórico. Nela podemos desfrutar de tres obras do artista Urbano Lugrís, pintor contemporáneo ben coñecido polos seus coloridos cadros con motivos mariños. “O Calvario” e “El descanso en la huida a Egipto”, realizadas en 1964, son das poucas obras de Lugrís con temática relixiosa e dúas magníficas mostras da pintura contemporánea de Galicia. Nelas, o autor combina maxistralmente as Vangardas coa temática relixiosa.

Onde:
Avenida de Vilaboa
15174 Vilaboa

Coordenadas:
43°19’01.9″N 8°23’04.5″W
43.317185, -8.384574