No percurso do Camiño que os peregrinos transitan polo municipio, nun lugar cunhas vistas privilexiadas, van atopar a igrexa de San Xiao de Almeiras
Sábese que nesa mesma ladeira xa existiu outra igrexa, pero o único que se conserva dela é un debuxo. A actual foi construida no ano 1859 e aínda que foi moi afectada por un incendio no 1936, foi reformada e ornamentada polos seus feligreses.
Un feito interesante é que baixo o seu coro se atopou un sarcófago con unha lápida de un cabaleiro con armadura en posición orante do século XV, actualmente exposto no Museo Arqueolóxico de A Coruña.
Foi levantada dunha maneira funcional pero con estética clasicista, ampla e con boa iluminación.
Un lugar para descansar do Camiño e no que desfrutar da fermosísima panorámica da desembocadura do río Mero.
Rúa de San Xiao,
15174 Almeiras
Coordenadas:
43°18’28.9″N 8°21’59.7″W
43.308022, -8.366587
