Moi preto da torre de Celas atopamos esta igrexa de orixen románica.
Trátase dunha igrexa cunha soa nave e ábside cuadrangular, aínda que ten unha capela menor ou tamén chamada das Ánimas. O máis destacable é unha pequena fiestra na cabeceira, pechada, con dúas arquivoltas con capiteis de estilo vexetal, ademáis de canzorros de figuras zoomorfas e antropomorfas, así coma outras xeométricas; os máis destacados do concello, e un tímpano con unha cruz. Xa no interior, un arco de medio punto e bóveda de canón. A fachada é do século XIX.
Onde:
Celas de Peiro (estrada ao Xalo, 107)
15198 Celas
Coordenadas:
43°14’58.4″N 8°24’26.2″W
43.249549, -8.407289
