Igrexa de Santo Estevo

Construída a mediados do século XII, apenas sufriu remodelacións da súa obra medieval.

Da súa única nave sobresae unha ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón apuntada.
A fachada principal con óculo e rematada con espadana, está flanqueada por dúas contrafortes que enmarcan unha portada con catro columnas encostadas prolongadas en arquivoltas lixeiramente decoradas. O tímpano da entrada decórase cunha multiplicidade de cruces entrelazadas.
Na ábsida, cuberto con bóveda de canón apuntada, atopamos unha xanela con pequenas columnas encostadas, arco e arquivoltas que se adornan con motivos xeométricos.
Os capiteis das columnas interiores, decóranse con motivos vexetais e xacobeos.
Os retablos interiores datan do s. XVIII.

 

 

Onde:
Rúa Santo Estevo, 1

Como chegar:
Igrexa de Santo Estevo de Culleredo