A fábrica de Cros

A Sociedad Anónima Cros, fundada en 1904 en Barcelona, decide en 1931 instalar unha das súas plantas no Burgo co obxectivo de fabricar fertilizantes destinados ao mercado rexional.
Nos seus primeiros anos producía superfosfato de cal, un fertilizante moi empregado en Galicia fabricado a partir de materias primas como a pirita, que chegaba de Huelva, e os fosfatos importados de Marrocos e Tunes.

Nos anos 60 do século XX reorienta a súa produción cara aos abonos complexos e á fabricación de ácido sulfúrico e outros aditivos para a industria conserveira.

Estivo en funcionamento ata os anos 80 do século XX.

Exemplo da arquitectura industrial do século XX, a maxestosa estrutura das tres grandes naves da fábrica é un elemento indisoluble da paisaxe do paseo marítimo do Burgo.
Na última década do século XX exponse os primeiros proxectos para a recuperación dos edificios vinculados á fábrica. Unha parte dos terreos destinouse á construción de vivenda e a outra se recuperou como un gran parque público.

Ademais da estrutura rehabilitada da fábrica, do complexo de Cros consérvanse outros edificios de interese arquitectónico, como as oficinas, o edificio da báscula ou a vivenda do director, que se incorporaron ao patrimonio municipal e acollen distintos servizos ou son sede de entidades locais.

Onde:
Avda. Xoan Carlos I – O Burgo

Como chegar:
Naves da fábrica de Cros