Culleredo é un concello sumamente activo e oferta ao visitante un amplo abanico de eventos e actividades ao longo do ano. Dende as festas patronais, moi coñecidas na comarca, mercados Templarios, feiras ou a cabalgata de reis, neste apartado o visitante poderá descubrir toda a variedade de oportunidades para desfrutar a vida da que goza o concello.
A continuación, aparece un pequeno calendario no que se marcan as actividades fixas, se ben ao longo do ano haberá multitude doutros eventos como festivais de música tradicional, teatro, obradoiros…
XANEIRO
5 de xaneiro: cada 5 de xaneiro sae a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Percorrendo as diferentes parroquias do municipio van avivando a ilusión de nenos e adultos
FEBREIRO
Carnaval: Unha das celebracións máis típicas da nosa terra é a de carnaval. Nesta época do ano lévanse a cabo actos en diferentes pontos do concello. Merece especial atención o tradicional Carnaval de Veiga, o luns de Carnaval, coa romaría de San Blas, onde se reúnen os veciños do concello e arredores. Alí escoitan xuntos o Testamento que cada ano comenta a actualidade local, autonómica, estatal e ata mundial en clave satírica. O Carnaval de Veiga recuperouse por un conxunto de veciños e coa colaboración do concello no ano 1984.
XUÑO
San Xoan: A noite máis curta do ano ten algo especial. Unha festividade que en toda Galicia se vive de forma sentida e da que Culleredo non é unha excepción. Resulta fácil atopar fogueiras por todo o municipio, xa sexa en casas particulares, en locais de restauración ou organizadas polos veciños. Unha festa onde as comidas e bebidas tradicionais, a música e o bo ambiente se aúnan arredor dunha fogueira para desfrutar dea noite máis máxica do ano e alonxar ós malos espíritos.
XULLO
SETEMBRO
OUTUBRO – NOVEMBRO
Magostos populares: Entre eles destaca o de Celas, realizado no Parque da Torre de Celas. Cunha longa tradición, cada ano trae castañas, touciño, viño e queimada para desfrutar do comezo do frío da maneira máis tradicional. Todo acompañado con música.
Ademáis, o segundo domingo de cada mes temos o ¡Feirón!
Patronais
CANDO | ONDE | HONRA |
Abril | Celas de Peiro | San Outelo |
Xuño | A Corveira | |
Xullo | Peiro | As Cereixas |
Xullo | Vilaboa | Santísimo |
Xullo | Ledoño | Virxe do Carme |
Xullo | O Burgo | Apóstolo |
Xullo | Castelo | Apóstolo |
Xullo | Sésamo | San Cosme e San Damián |
Agosto | Almeiras | Santísimo |
Agosto | Orro | San Salvador |
Agosto | Celas | Nosa Señora |
Agosto | Boedo | San Roque |
Agosto | Veiga | San Roque |
Agosto | Castro – Laxe | Santa Bárbara e Virxe do Rosario |
Agosto | Castelo | San Ramón |
Setembro | Culleredo | San Roque e San Miguel |
Decembro | Vilaboa | Virxe da O |



Que facer en Culleredo