Memorial Pequecho

Cando: todo o ano

Onde:
Exposición permanente na Casa Consistorial

O Memorial “Pequecho” é, desde 2008, a homenaxe a un dos veciños ilustres de Culleredo.

José Ramallo, coñecido como “Pequecho” pola súa pequena estatura, foi un dos tres pilotos galegos que correron no ano 1972 nunha carreira oficial do circuíto do Jarama, compartindo pista con grandes personalidades do motociclismo español como Ángel Nieto ou Ricardo Tormo. 

Aínda que o seu destino ía ligado ao ciclismo, no mundo do motor, ao que chegou tras un accidente laboral, demostrou a súa paixón polo motociclismo que lle levou a organizar e impulsar carreiras como a Subida a Culleredo que se continúa celebrando como homenaxe ao piloto.

Na Casa do concello, en Tarrío, pódese visitar unha exposición dedicada á súa figura.
Diferentes trofeos, varios cascos e un dos monos do piloto, comparten un lugar destacado do edificio municipal cunha Derbi Ran (réplica da de Anxo Nieto), unha Cota 123 do ano 1972, dous Bultaco e a bicicleta do deportista cullerdense.