Roteiro do Xalo e Os 7 Regos - BTT

Esta rota está indicada para os amantes del cicloturismo, se ben tamén é apta para carrera pedestre e sendeirismo. A rota está diseñada de maneira que poida enlazarse con outras sendas e poder realizar un gran circuito circular, unindo tres traxectos independentes, que exploran os concellos de Culleredo, Cambre e Carral. O itinerario está sinalizado.

A maior parte do percorrido do circuito circular de O Xalo e os 7 Regos transcorre polo concello de Culleredo, aproximadamente uns 20 km. Realízase polos Montes de O Xalo, pulmón verde da nosa comarca, onde o visitante poderá deleitarse  coa súa flora, fauna, restos arqueolóxicos e patrimonio etnográfico. Un lugar onde practicar deportes de aventura, recolección de cogumelos e outras actividades relacionadas coa natureza. Ademáis de polo Xalo, percorre a parroquia de Castelo e Celas de Peiro, coa súa Torre e igrexa de Santa María e a interesante ruta etnográfica do Rego das Xesteiras.

Inicio:
Todos os percorridos: igrexa de Santa María de Cambre
Percorrido por Culleredo: monte Xalo

Chegada:
Todos os percorridos: igrexa de Santa María de Cambre
Percorrido por Culleredo: Celas de Peiro

Distancia:
Todos os percorridos: 52 km
Percorrido por Culleredo: 20 km

Duracións en bicicleta:
Todos os percorridos: 4 – 5 horas
Percorrido por Culleredo: 3 horas

Dificultade:
Todos os percorridos: Depende do circuíto
Percorrido por Culleredo: Media – Alta

Coordenadas inicio/Chegada:
Todos os circuítos:
43°17’31.7″N 8°20’38.6″W
43.292146, -8.344053