Aviso Legal
    1. Datos identificativos
    • Razón social: Concello de Culleredo
    • CIF/NIF: P1503100H
    • Domicilio social: Rúa-do Concello, 12, 15189 Culleredo, A Coruña
    • Teléfono: 981 67 77 77
    • E-mail: rgpd@culleredo.es
    1. Usuarios

    O acceso e/ou o uso deste portal atribúe a condición de usuario, que acepta, desde o devandito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

    1. Uso do portal

    O portal proporciona o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos ( en diante, “os contidos”) na Internet pertencentes ao titular ou aos seus licenciantes, aos que o usuario poda ter acceso. O usuario asume a responsabilidade do uso do portal. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos.

    No devandito rexistro o usuario será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, ao usuario pódeselle proporcionar un contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial do mesmo. O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (por exemplo servizos de chat, foros  de discusión ou grupo de noticias) que se ofrecen a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos do Titular, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso; utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes. O Titular resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios ou achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, á orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, o Titular non será responsable das opinión vertidas polos usuarios a través dos foros, chats ou outras ferramentas de participación.

     

    O Titular resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ao portal e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que imcumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

     

    1. Dereitos de Propiedade Intelectual

    Todos os contidos do sitio web, incluíndo, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes e fotografías, debuxos, gráficos e arquivos de texto, son propiedade do Titular ou dos provedores de contidos, sendo, neste último caso, obxecto de licenza ou cesión por parte dos mesmos, e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual. A recompilación, deseño, ordenación e montaxe de todo o contido do sitio web é propiedade exclusiva do Titular e atópase protexida polas normas nacionais e internacionais de propiedade industrial e intelectual.

    As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos do sitio web son titularidade do Titular e están debidamente rexistrados.

    Os textos, datos e debuxos gráficos son propiedade do Titular ou das entidades provedoras de información, non podendo ser obxecto de ulterior modificación, copia, transformación, alteración, reprodución, adaptación ou tradución por parte de terceiros, sen a expresa autorización por parte do titular do devandito contido. A posta a disposición dos textos, datos e debuxos gráficos non implica, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de explotación, reprodución, difusión, transformación, distribución ou transmisión ao seu favor, distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima do sitio web.

     

    1. Exclusión de garantías e responsabilidade

    O Titular non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: errores ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

    1. Enlaces e hipervínculos

    No caso de que en se dispuxesen ligazóns ou hipervínculos cara outros sitios da Internet, o Titular non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios ou contidos nin asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantizará a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e contitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún destes hipervínculos ou doutros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

    1. Protección de datos de carácter persoal

    Terá máis información no apartado de “Políticas de privacidade

    1. Xurisdición

    A relación entre o Titular e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais da cidade de A Coruña.

    1. Modificacións

    O Titular resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.