
¿Coñeces o Camiño do Faro? Trátase nin máis nin menos que a denominación pola que se coñecía unha das rutas do Camiño Inglés, denominada así por partir do antigo arciprestado de Faro, conformado polo que hoxe serían os concellos de A Coruña, Arteixo e Culleredo. O Burgo de Faro foi unha próspera poboación no século XII, protexida por reis, poderes eclesiásticos e os Condes de Traba, que contou coa presencia dos Templarios, garantes da seguridade dos peregrinos que se aventuraban a emprender a súa viaxe dende as nosas costas e que proba a importancia do burgo.
Dende a descoberta dos restos do apóstolo, Santiago de Compostela foise convertendo nun dos maiores centros de peregrinacións do mundo, artellando nas vías que levaban a el toda unha rede de transmisión información e cultura; non hai que esquecer que alí coincidían peregrinos chegados de tódolos rincóns da Cristiandade, e que acabaron dotando ás diferentes rutas dun patrimonio inconmensurable do que hoxe desfrutan milleiros de viaxeiros.
O Camiño que percorre Culleredo é o chamado Inglés pola variante coruñesa. Como o seu nome indica, era o empregeado por ingleses, pero tamén irlandeses ou polas xentes da costa occidental francesa, flamencos ou de outras zonas do norte de Europa. Os peregrinos chegaban en navíos ao porto da Coruña ou de O Burgo de Faro, tendo que percorrer unha distancia de arredor de 75 km para chegar a Compostela.
A pesar de non cumplir os 100 km mínimos para recibir a Compostelana, dende finais do 2016, é posible a obtención da mesma cumplindo unha serie de requisitos diferentes, que dependen da orixe do peregrino. No caso de que sexa estranxeiro ou de outra comunidade autónoma, ten que demostrar que percorreu unha parte do Camiño na súa lugar de orixe antes de facer a distancia entre Coruña e Compostela. No caso de que o camiñante sexa daCoruña ou da contorna, ten que presentar unha proba e demostrar ter visitado os lugares xacobeos da cidade herculina.
Os peregrinos que decidan percorrer esta fermosa rota encontraranse con algúns dos lugares máis emblemáticos do noso concello. Camiñarán e desfrutarán das vistas pola ría do Burgo, o Xardín botánico “Ría de O Burgo”, a ponte medieval, a igexa románica de Santiago, a igrexa neoclásica de Almeiras ou a estatua do Cabaleiro. (Colocar hipervínculos en lo azul)
A sinalización está presente por todo o percorrido, dende a súa entrada no concello por A Coruña ata a súa saída pola ponte de Xira, no Parque empresarial de Alvedro. A cuncha de vieira indicará que se está no Camiño, mentres que as frechas amarelas actuarán de indicadores de dirección cara Compostela.
Non se pode deixar de parar na igrexa de Almeiras para deleitarse coas vistas da Ría dende o privilexiado mirante no que se sitúa, así como ao maravilloso percorrido polo Paseo Marítimo, con parada obrigada no Xardín botánico.
Sen dúbida unha viaxe única e unha oportunidade magnífica para coñecer o noso concello.
¡Bo Camiño!

Avda. Miguel González Garcés
Rúa Alcalde Electo Carballo
Avda. Xoán Carlos I
Xardín Botánico- Paseo do Burgo
Ponte medieval do Burgo
Avda. da Coruña
Rúa Alexandre Bóveda
Avda. Galicia
Rúa Pelamios
Rúa San Xiao
Rúa Chueira
Rúa das Catas
Rúa Arcebispo Xelmírez
Rúa GA-2 Polígono Industrial
Rúa GA Polígono Industrial
Rúa Camiño de Santiago -Polígono Industrial
Rúa Parque Empresarial C-07
Ponte da Xira