Planos

Benvido a Culleredo

Imaxina un territorio onde podes apoiar un pé na terra e outro nas augas da Ría. Descubrir, vivir e sentir o encontro entre natureza, cultura e gastronomía.

Culleredo é un lugar para gozar de longos paseos ao carón da ría nos que compartir percorrido cos peregrinos que están a facer o Camiño Inglés e recrear a historia camiñando pola ponte medieval do Burgo ou contemplando a fortaleza da Torre de Celas.

A exuberante natureza e os misterios do Xalo, a armonía e o patrimonio etnográfico dos vales que o pintor Lloréns reproduciu con gran mestría, a  beleza das esculturas metálicas de José Rey Lago, o legado da arquitectura industrial vinculado coa fábrica de Cros, a obra do maestro do surrealismo galego Urbano Lugrís que garda a igrexa de Vilaboa…

Necesitas máis motivos para visitarnos?

 

DESCARGA O PLANO en Pdf