Historia e xeografía
Historia

A  presenza humana no concello de Culleredo está rexistrada dende tempos prehistóricos. Boa conta diso dan as mámoas, restos funerarios megalíticos que atopamos no Monte Xalo e nos montes de Zapateira, que poderían estar formando algún tipo de complexo funerario e que xa sería frecuentado  fai entre 4000 y 6000 años

A Cultura Castrexa tamén deixou a súa impronta, aínda que a diferenza do Neolítico, os restos que nos deixaron non son da súa morte senón da súa vida. Culleredo ten unha gran abundancia de castros, existindo máis dunha ducia e sendo o de Sésamo o máis importante.

En canto á romanización, vai  influir bastante na vida dos castrexos. Probablemente é neste momento cando se estableceron boa parte dos nucleos de poboación actuáis, quedando rexistrado na toponimia.

A partir do século IX, Culleredo comeza a aparecer nos documentos, mencionándose  varias das súas igrexas e lugares. Xa no ano 830, fálase  das igrexas de Santa María de Conduzo (Rutis), San Pedro de Ledoño e Santaia de Carollo (Sésamo). No século XII documéntase o  chamado Burgo de Faro -seguramente xa existente nos séculos IX e X, onde  chegaban barcos con mercadorías e peregrinos do norte de Europa. No burgo asentáronse os templarios, que garantían a seguridade dos peregrinos que chegaban no seu camiñar a Compostela, polo coñecido como Camiño do Faro,  que hoxe forma parte do Camiño do Norte, unha das rotas de peregrinación a Santiago.  O crecemento da cidade da Coruña, a comezos do século XIII, marcou o punto de inflexión para o declive do Burgo, aínda que os Templarios seguiron potenciándoo ata  a desaparición da súa orde, no ano 1312. Desaparecidos os templarios, Culleredo se integrará como arrabalde da cidade da Coruña, dependendo de ela para todo.

Nesta época constrúense boa parte das igrexas cullerdenses existentes na actualidade, e algunhas xa non existentes, como a de San Pedro de Vilaboa ou a de San Xoan da Choeira.

O Antigo Réxime  foi un tempo axitado en Culleredo. Un tempo onde se progresa na señorialización, no que a poboación é escasa e rural, se ben iso deixou un importante patrimonio en forma de muíños, que aínda se conservan. Nesta época cando se producen as invasións británicas, sendo a ría testemuña da chegada da ofensiva inglesa capitaneada por Francis Drake.

Nos séculos XIX y XX Culleredo se convirte no lugar de segunda residencia da burguesía e fidalguía, edificándose moitos pazos e casas de recreo. No 1875 ábrese a vía do ferrocarril de A Coruña a Lugo, con estación no Burgo; no 1922  inaugúrase o tranvía elétrico; no 1943 comeza a funcionar o ferrocarril de A Coruña a Santiago; a comenos dos 30 inicia os seus traballos a factoría Cros e no 1963  inaugúrase o Aeroporto de Alvedro.

Mirando ao futuro
Xeografía

O concello está localizado ao sureste da cidade da Coruña, coa que limita no extremo noroeste, mentres que polo Oeste encontramos o de Arteixo, ao Noreste Oleiros, ao Leste Cambre e ao Sur Carral, A Laracha e Cerceda. Todos pertenecentes á área de influencia da cidade da Coruña.

Culleredo está fortemente marcado pola ría que leva o nome dunha parroquia do lugar, O Burgo, e polo conxunto montañoso que pecha o concello polo sur, o Monte Xalo, se ben os Montes da Zapateira tamén marcan un contraste xeográfico. Unha sucesión de regatos van salpicando o concello e depositan as súas augas nos principáis ríos; o río Mero que forma a ría e o río Valiñas afluente do anterior. Destaca o Trabe, cun paseo fluvial ou o Rego das Xesteiras, cunha fantástica rota na que se deleitar co patrimonio natural e etnográfico. O val de Veiga ocupa un espazo importante en Culleredo e dalle unha cor especial. 

Unha das maiores riquezas do concello é conxugar á perfección o carácter urbano de lugares coma O Burgo, Vilaboa, Fonteculler ou a Corveira, con outra máis ligada ao rural, coas parroquias de Almeiras, Culleredo, Sésamo, Orro, Celas, Castelo, Ledoño, Sueiro e Veiga.

A súa proximidade á cidade da Coruña, dota ao concelloo dunha completa rede de comunicacións -autopista AP-9, autovía A-6, Nacional-550 y la AC-400. Ademáis de ser o factor decisivo para que dentro do seu termo municipal se atope o aeroporto.

Descarga o folleto