Como chegar
Aeroporto
AEROPORTO DE ALVEDRO
O aeroporto de A Coruña está na localidade de Alvedro, en Culleredo.
Desde él, dispoñemos de conexión co as principais cidades españolas e capitais europeas.
Toda a información sobre rutas, ligazóns y vóos atoparálos en: www.aena.es
Ónde: Terminal Aeropuerto
Chegar en transporte público:
Liña A4 – Hospital Abente Lago – Aeroporto
Liña D5 – Aeroporto – Sada (por polígonos)
Toda a info sobre o servizo de transporte público
Atención telefónica: (+34) 913 211 000 – (+34) 981 18 72 00
Tren
A estación de tren de A Coruña-San Cristóbal, e unha boa opción para percorridos de longa e media distancia.
Toda a información sobre horarios e prezos pode consultarse: www.renfe.com
Autobús
Chegar a Culleredo en autobús é sinxelo debido á existencia dunha ampla rede de liñas e horarios que seguro que se adaptan as necesidades do teu desprazamento.
Nas seguintes ligazóns poderás obter a información completa sobre o servizo de transporte público intermunicipal.
Líñas do servizo metropolitano comarca de A Coruña
Horarios do servizo metropolitano comarca de A Coruña
Información actualizada de servizos de transporte
Estrada
Culleredo atópase nun lugar de moi doado acceso, xa que conecta coas principais estradas de saída da cidade da Coruña:
– Autoestrada AP9- A autoestrada do Atlántico vertebra a Galicia Atlántica de Norte a Sur. Estrada para ir a Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra ou Vigo.
– Autovía A6- A A6 cruza o concello por Ledoño, Sésamo e Sueiro. Autovía que une con Carballo, Lugo, León e Madrid.
– AC- 14– Estrada de acceso e saída á cidade da Coruña, con enlaces á A6 en Ledoño e no Aeroporto. Comunica co aeroporto, co centro comercial Marineda City e os polígonos industriais, así coma co centro da Coruña.
– Nacional 550- Cruza o concello por Vilaboa, O Portádego e Alvedro. Estrada nacional que une con Santiago.
– AC-400– Estrada que une Sigrás (Cambre) con Muros. Cruza o Concello por Sueiro, Sésamo e Celas.
– AC- 211- Cruza o concello paralela á Ría do Burgo por Fonteculler e O Burgo e chega ata Coruña.