Ruta do Rego das Xesteiras

Ademáis de ofertarnos a súa torre, a súa igrexa e unhas maravillosas vistas do Xalo, a parroquia de Celas deléitanos con esta ruta, dunha riqueza etnográfica e natural sen parangón.

Este roteiro transcorre polo regato que da lle da nome e que descende do Monte Xalo. Nela poderemos desfrutar da frondosa vexetación autóctona, así como da fauna local. Unha das especies máis interesantes é a dos cabaliños del demo ou libélulas, que dos meses de maio a agosto tiguen de azul profundo o roteiro.

O roteiro non oferta soamente riqueza natural; bríndanos tamén a oportunidade de achegarnos a un moi interesante patrimonio etnográfico. No seu curto percorrido poderemos atopar ata once muíños que dan fe da importancia agrícola que tivo a zona en tempos. Este roteiro nos fai rememorar a forte unión que existía entre o campo e os veciños desta poboación, nunha economía baseada  no cultivo de cereais que tiñan nos muíños un instrumento básico para a súa vida. A maioría dos muíños pertencían a varias familias que eran copropietarias dos mesmos, de feito  herdan os seus nomes. Algúns deles foron reformados e recuperaron a súa funcionalidade.

En conclusión, ao longo de un percorrido de 1 km poderemos pasear por un rico entorno fluvial deixándonos abraiar polas cores verdes e o son da auga mentres descubrimos a fauna e flora local e nos sumerximos no noso pasado. Un espazo de ocio a escasos metros da Torre de Celas e da igrexa de Santa María e que se pode ligar con outras rotas de sendeirismo y BTT

DATOS DA RUTA:
Ruta de percorrido lineal que enlaza co Roteiro do Xalo e dos Sete Regos- BTT.

Inicio: AC-400
Chegada: Estrada á Ermida
Distancia: 1 km (ida)
Duración: 20 min (ida)
Dificultade: Media

Coordenadas Inicio:
43°14’56.6″N 8°24’40.1″W
43.249063, -8.411138

Coordenadas Chegada:
43°14’38.4″N 8°25’03.3″W
43.244003, -8.417573