Roteiro Trabe e Fonte da Balsa

Esta rota lineal, que transcorre por Vilaboa ata Acea de Ama, permítenos desfrutar dun agradable paseo ao lado do río Trabe. Con carril para bicicleta e para o peón, poderemos atopar un muíño que é testemuña da riqueza etnográfica do concello. A vexetación de ribeira fluvial acompáñanos todo o camiño. Durante o percorrido atopamos iluminación, fontes de auga potable e lugares para descansar.

Ademáis, conta cun estacionamiento do servizo municipal de bicicletas, que xeralmente están en funcionamiento durante os meses de verán, no comezo do percorrido. Coa adecuación e melloras realizadas no carril bici pódese entrar ao roteiro pola Avenida de Rutis, ao lado da ponte da Autopista AP-9.

Inicio:
Rúa Luís Seoane (Xunto a estrada N-550)

Chegada:
Ponte da Autoestrada AP-9 (Ao lado do Polideportivo do Colexio Isaac Díaz Pardo)

Distancia: 1,5 km

Duración: 20 minutos

Dificultade: Baixa

Coordenadas:
Rúa Luís Seoane (xunto a estrada N-550):
43°18’27.8″N 8°22’58.9″
43.307712, -8.383028

Ponte da Autoestrada AP-9 (Ao lado do Polideportivo do Colexio Isaac Díaz Pardo):
43°18’48.5″N 8°22’20.4″W
43.313458, -8.372338