Mercado templario do Burgo do Faro
A principios de xullo o Paseo Marítimo do Burgo revive o ambiente dos mercados medievais que se celebraban no século XII no Burgo.
Esta recreación histórica, avalada por diferentes documentos medievais que describen o Burgo de Faro, o que hoxe coñecemos como O Burgo e Ou Temple, como un gran centro de prosperidade económica que creceu baixo a protección dos Templarios, a nobreza e o Mosteiro de Sobrado.
Artesanía, alimentación, personaxes medievais, pasarúas e espectáculos teatrais e musicais convídannos a realizar unha viaxe no tempo e sentirnos durante un fin de semana habitantes do medievo.
Non perdas a oportunidade de gozalo!
Que facer en Culleredo

