Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye Lartaud
Un dos lugares con máis encanto do concello é o Xardín Botánico, no que se atopa a aula da natureza Juan Lembeye Lartaud. Trátase dun espazo ao lado da ría do Burgo, ao que se accede a través do paseo marítimo e que conta con aparcadoiro e unha área de lecer infantil no seu interior.
Nel pódense atopar varios espazos para o coñecemeento da flora, con algunhas especies autóctonas e foráneas. Durante o percorrido atoparemos paneis informativos sobre as diferentes especies. Na entrada, recibindo ás visitas, atopamos un hórreo, quizais o elemento máis característico da arquitectura popular galega.
Ó lado do parque, unha lagoa conectada coa ría chamará a atención dos visitantes. Rodeándoa, fontes e bancos preparados para o descanso e a contemplación axudarannos a desfrutar da nosa viaxe por diferentes lugares do mundo a través da natureza.
Na aula da natureza Juan Lembeye Lartaud, recoñecido naturalista que chegou ser alcalde de Culleredo, encontramos unha ampla programación de actividades, dende exposicións de temas relacionados có medio ambiente ata outras que o fan có mundo artístico. Sen esquecer do Burgo Jazz, un evento que enche de música as noites de verán cullerdense.
Horarios de apertura de Aula da Natureza:
Laborais: 18:00 – 21:00
Sábados: 11:00 – 13:00 / 18:00 – 21:00
Coordenadas:
43°19’14.9″N 8°22’24.8″W
43.320816, -8.373550
