Tamén coñecida como Pazo de Correa, é un dos edificios históricos que forma parte do patrimonio municipal de Culleredo.
Construído en 1930 foi durante os veráns centro de reunión da alta burguesía coruñesa.
É unha casa solariega que permaneceu abandonada durante anos e foi vítima de polo menos de dous incendios.
Foi rehabilitada a través de diferentes escolas talleres municipais e desde o ano 2007 forma parte da rede de centros socio-culturais do Concello de Culleredo.
O labor de recuperación do edificio foi moi complicada debido ao mal estado no que se atopaba e á falta de documentación ou indicios de como era antigamente este casarón.
Entre os traballos realizados destacan a recuperación da pedra coa que estaba construído o inmoble, a construción dunha nova galería e a cuberta de madeira.
O edificio ten unha superficie útil de 546 metros cadrados distribuídos en tres plantas que albergan oficinas, aulas, salón de actos, biblioteca, salas de exposicións e outras estancias.
Está rodeado por unha extensa leira, un espazo-xardín dotado de mobiliario urbano, no que se pode pasear baixo árbores centenarias.
Na actualidade o edificio destínase a distintos servizos municipais como a Biblioteca Municipal “Xosé Liñares Cardeso”.
Onde: Avda. de Vilaboa, 42
Como chegar: Villa Melania
Que ver en Culleredo
