Os muíños de Acea De Ama se presentan ante nós como testemuñas do esplendor económico da zona durante a Idade Media. O nome do lugar onde foron situados quedou marcado polos mesmos, xa que que Acea, segundo a RAG (Real Academia Gallega) significa muíño e Ama sería o nome có que se coñecería antigamente á ría. Trátase dun conxunto de muíños de marea, os máis antigos que se conservan en Galicia
A súa construcción data do século XII e durante nada menos que 800 anos estiveron en funcionamiento. Construidos polo Mosteiro de Sobrado, que na época posuía unha gran influencia, a instalación de muíños era unha forma de control sobre os campesiños, que tiñan que pagar elevadas taxas para facer uso dos mesmos. Aínda que a maioría dos muíños eran controlados por señores feudais e mosteiros, tamén existían algúns pertencentes a pequenas comunidades de labradores. Está documentado un incremento da actividade despois da descoberta de América, no 1492, debido á necesidade de abastecemento que precisaban os navíos para as súas longas travesías cara o novo mundo.
É a industrialización, xa no s.XIX, a que provoca que os muíños de marea queden en desuso. No seu lugar se instalan 3 muíños de vapor, cunha gran cheminea. A evolución desta peza etnográfica seguirá o seu curso e no século XX o antigo alcalde e dono dos mesmos, Andrés Pan Camino, intenta poñer en funcionamento unha fábrica de fariña, utilizando o que hoxe en día é o edificio de Servizos Múltiples. Sen éxito empresarial, os muíños finalizan nas mans do concello que os convirten en museo, coa sala de exposicións “Xosé Rey Lago” ao seu carón, escultor de ferro e outros metais, que ten obras presentes por todo o concello.
O funcionamiento dos mesmos era sinxelo, a auga quedaba estancada nunha presa coa subida da marea e cando estaba chea, pechábase. De seguido, a auga era canalizada polos condutos dos muíños e con iso movíanse os rodicios, estes a súa vez movían o eixo e por último botaba a andar o mecanismo que moía o gran. A maior capacidade da presa, maior capacidade de traballo d muíño. Unha das características máis valoradas deste tipo de mecanismos, en comparación cós de río ou vento, é que tiña asegurado o seu funcionamiento durante unhas horas ao día tódolos días do ano, pois o mar está en constante movemento
Os muíños chegaron ata nós como testemuñas da existencia do Burgo de Faro, esa antiga vila que chegou ter un poder maior que o da cidade da Coruña, e que viviu no século XII o seu esplendor. A través dos paneis explicativos que hoxe acolle entre os seus muros, podemos achegarnos a esta antiga práctica tan propia da nosa terra.
Avda. Acea De Ama, s/n
15670 O Burgo (Culleredo)
Teléfono: 981 665 597
Horario: Apertura baixo cita previa a grupos.
Coordenadas:
43°19’07.5″N 8°22’17.5″W
43.318758, -8.371525
