A primeira metade do século XVIII é un período de bonanza económica no que as institucións eclesiásticas e nobiliarias realizan importantes investimentos en obras arquitectónicas e artísticas.
Nesta época Celas era a parroquia máis importante do territorio que comprende o actual concello de Culleredo, de aí posiblemente o emprazamento desta impoñente casa reitoral que aparece descrita co detalle dos seus bens, no inventario do Catastro del Marqués de la Ensenada de 1752.
De propiedade municipal, foi restaurada no ano 2007 polos alumnos dunha Escola Taller, e na actualidade alberga diferentes usos sociais e administrativos.
Que ver en Culleredo