Reserva da Biosfera
 

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

 

– Formada por: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

– Superficie: 116.724 ha.

Culleredo se atopa  nun enclave único, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Unha área extensa, de 116.724 ha, que supón un 14,33% da provincia da Coruña. Dende a Ría de Betanzos ata a do Burgo, gobernadas pola conca do río Mero e o Mandeo e que conta  con áreas costeiras, vales litorais e serras interiores,  Atopámonos ante un lugar único que conservar, protexer y admirar.

Por ser un espazo tan amplo, están protexidos diferentes tipos de hábitats. Na nosa rexión existen máis de 49 tipos de interés comunitario e máis de 300 especies con algún grao de protección.

A ría do Burgo e as súas marismas, son un excelente enclave para a migración de aves. Aquí habitan moitas especies que foxen do rigor do frío invierno dos países setentrionais. Algunhas  pasan toda a época invernal, mentres que outras a utilizan para repor fozas e continuar coa súa  viaxe. Durante todo o ano pódese desfrutar  deste espetáculo, aínda que son os  meses de outono, inverno e primavera nos que se atopa unha diversidade de especies maior. O birding, é dicir, a observación de aves, fai da ría un punto de gran interese. Entre outras especies podemos encontrar: cullereiros, garzotas, garzas reais, gaivotas escuras, gaivotas choronas, gaivotas patiamarelas, gaivotóns, corvos mariños grandes, mazaricos reais, carráns cristados, martiños peixeiros, biluricos patirrubios, pilros comúns ou lavancos.

Tamén no Monte Xalo podemos atopar especies de aves forestais, como poden ser ferreiriños de diverso tipo: azuis, reais, negros e cristados, ou petos, tanto reais coma verdes.

A que agardas para comezar o birding?

Cando: Todo o ano, aínda que algunhas especies son máis comúns nos meses de outono, inverno e primavera.

Onde: Paseo marítimo da ría do Burgo

Coordenadas:
43°19’16.0″N 8°22’13.4″W
43.321103, -8.370395

Onde: Monte Xalo

Coordenadas:
43°13’56.9″N 8°24’31.4″W
43.232461, -8.408714

Información adicional:

– Rutas ornitolóxicas pola ría e arredores: www.rutasornitoloxicas.gal

– Novos avistamentos: www.sgo.cesga.es/aves