Torre de Celas

A torre de Celas ou de Vinseira é a parte que se conserva dunha fortaleza defensiva que, situada aos pés do monte Xalo, no roteiro que unía as cidades da Coruña e Santiago, domina todo o val de Veiga.

É un edificio de 8×8 metros de planta, construído en granito e con clara vocación militar como demostran as saeteras, de estreita boca e amplo derrame interno que observamos na súa fachada, e as trincheiras da parte superior.
Nunha das fachadas móstranse tres brasóns: o dos Andrade, outro dos Freixomil e un terceiro difícil de interpretar.

As referencias documentais máis antigas sobre a torre remóntanse a 1395, cando se resolveu un preito entre o señor destas terras e a cidade da Coruña sobre a cobranza de peaxes polo paso de mercadorías e persoas.

Pegado á torre existiu un pazo cuxos escudos nobiliarios están hoxe no pazo de Anceis en Cambre.

Restaurada en 1992 polos alumnos da Escola-Taller “Ponte do Burgo”, o seu interior non é visitable.

Está rodeada dun gran parque, dunha magnífica zona de lecer infantil e moi próxima ao comezo do roteiro fluvial e etnográfico de Rego dás Xesteiras.

Onde:
Ctra. LC-400 Culleredo-Cerceda, 10
Celas de Peiro

Como chegar:
Torre de Celas