Paseo marítimo
 

O paseo marítimo, un dos espazos de lecer máis prezados de Culleredo, bordea a ría do Burgo nun percorrido lineal de máis de 3,5 kms.

É un dos lugar concorrido, no que persoas de todas as idades atopan un espazo onde gozar en calquera das estacións do ano: pasear a beiras da ría, practicar deporte, pedalear utilizando o carril bici ou divertirse no skatepark próximo a Fonteculler.

Unha parte do trazado do Camiño Inglés segue o Paseo Marítimo por iso non será estraño que nos crucemos con algún dos peregrinos que iniciaron na Coruña o seu roteiro cara a Compostela.

Distintos paneis interpretativos explícannos o seu interese ambiental, a súa riqueza ornitolóxica e a súa importancia económica visible no esforzo dos mariscadores que aproveitan as mareas para colleitar bivalvos.

A ponte medieval do Burgo, o Xardín Botánico e a Aula da Natureza Juan Lembeye Lartaud, son lugares de visita obrigada.

Como chegar:
Paseo Marítimo da ría do Burgo

Percorrido: lineal 3,5 km (Ida)