A escasos metros da ponte medieval está a igrexa de Santiago do Burgo que mantén boa parte da súa obra orixinal a pesar das múltiples reformas que sufriu desde a súa construción no século XII.
Algúns estudos defenden que a planta orixinal desta igrexa, na actualidade de cruz latina, era de tipo basilical, con tres naves e tres ábsidas.
A cabeceira é a parte máis destacada desde o punto de vista arquitectónico, con tres ábsidas con saeteras abucinadas e bóveda de cuarto de esfera.
No interior, destacan a beleza dos arcos de medio punto apoiados sobre capiteis con decoración vexetal de clara influencia compostelá.
Nun acceso lateral do templo, podemos contemplar un tímpano, recolocado, coa característica representación románico do Agnus Dei.
Os distintos momentos construtivos do templo, son facilmente distinguibles na pedra do edificio e en elementos arquitectónicos como os canzorros sobre os que apoia o tellado da cabeceira.
As representacións iconográficas de Santiago Peregrino, Santiago Caballero e da Virxe da Peregrina e os documentos medievais existentes, dan idea da importancia que tivo esta igrexa e o Burgo de Faro no roteiro de peregrinación que chegaba por mar desde o norte de Europa.
Que ver en Culleredo