Winter Park

Chegado o tempo de nadal, a esplanada do Paseo Marítimo do Burgo transfórmase nun espazo cheo de maxia, música e diversión. Atraccións infantís, poboado do Nadal, food trucks e zona de lecer crean un ambiente festivo para gozar en familia.
No mesmo recinto instálase o Winter Circus, un espectáculo circense que conta coa colaboración do Concello que combina os números tradicionais de circo con propostas escénicas, música en direto, danza e teatro.

Cándo: Nadal (Decembro e Xaneiro)

Onde: Paseo Marítimo de O Burgo